30/1/18

DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

Este mes adicamos moito tempo a reflexionar sobre a paz na súa máis ampla dimensión. Intercambiamos opinións e concluímos que, desde a nosa posición de nenos e nenas, temos moito que facer para contribuír á paz.

Hoxe puidemos expresar as nosas ideas ao respecto no salón de plenos do concello (Nova publicada na web do concello), compartindo espazo e debate co alcalde, o concelleiro de educación e outros membros da corporación.



10/1/18

O ACEITE, UN RESIDUO MOI PERXUDICIAL

Onte tivemos unha actividade de sensibilización moi interesante a cargo de Beatriz Seoane de Compostela Inserta, empresa de inserción social sen ánimo de lucro.
Con ela reflexionamos sobre o dano que facemos cada vez que tiramos aceite polo fregadeiro. Sabedes que 1l de aceite usado contamina 40.000l de auga? Sabedes que esa é a cantidade de auga que consume unha persoa durante todo un ano?

Nos nosos domicilios podemos ir baleirando os restos de aceite usado (incluído o das latas de conserva)   nunha botella transparente e despois depositar a botella nun colector laranxa (témolo no Centro sociocultural e tamén no patio do colexio). Con ese aceite fabricarase un combustible chamado biodiesel.

Desde aquí animámosvos a colaborar. Entre todos/as podemos conseguir mellorar a saúde do noso entorno.