15/11/17

DÍA DA CIENCIA 2017

A xornada de onte adicada á celebración do Día da Ciencia resultou marabillosa. Amador Pérez é mestre xubilado e experto en electrónica; recibiu o 2º premio do público na Maker Faire Galicia 2016. Constrúe xoguetes e artiluxios de todo tipo reciclando pezas de pequenos electrodomésticos. 
Ademais de explicarnos os fundamentos científicos para que os seus xoguetes poidan funcionar propón investigar as posibilidades que cada un de nós tén para elaborar as nosas propias pezas.

Rematamos a xornada con unha recreación do Universo coas súas estrelas e galaxias que foi impresionante. Tamén con pezas de elaboración propia usando materiais de refugallo.

Moi importante esta labor de concienciación sobre a posibilidade de reducir consumo e usar a nosa creatividade.
Moitas grazas Amador por compartir con nós o teu bo saber facer. 
(E para quen teña ganas de máis: poderedes velo este venres no Luar da TVG e na Maker Faire Galicia, 25 e 26 de novembro na Cidade da Cultura.



2 comentarios:

M.J. dijo...

Muchísimas gracias al Sr. Amador por enseñarles tantas cosas y tan interesantes a los pollitos.

María Cernadas dijo...

Unha xornada moi interesante e divertida.