13/3/17

MEDIA LARANXA OU LARANXA ENTEIRA?

O 8 de marzo celébrase o Día da Muller Traballadora. No noso centro organizamos uns obradoiros de Coeducación coa participación de Iria e Sandra, de Educultoras.
A actividade ""Os mitos do amor romántico: media laranxa ou laranxa enteira?" levounos á reflexión e debate a partir de coñecidas cancións. As letras esconden, en moitas ocasións, aspectos negativos no referente ao que deben ser as relacións. 
Cada equipo de traballo tivo que intentar atopar eses mitos para transformar os textos cambiando o seu enfoque. 
Interesante actividade!

1 comentario:

Unknown dijo...

Estupenda actividade na que os nenos e nenas interviron e participaron de maneira activa, expoñendo as súas opinións e analizando algunhas letras de cancións actuais nas que se fala do amor como unha relación de posesión. Tema moi interesante para traballar con eles e elas. Mágoa que houbo pouco tempo.