13/2/17

INSPIRÁMONOS CON XULIO VERNE

Xulio Verne protagoniza unha grande parte do traballo que facemos no colexio durante todo o curso escolar.
Nas clases de Plástica estamos intentando crear algún artiluxio que ben poidera aparecer en calquera das súas obras literarias: máquinas do tempo, vehículos, ... Ata un apartamento espacial!

E tamén estamos a tope coa nave que nos leve da Terra á Lúa, con dúas persoas encargadas de coordinar o traballo (Idalina e Chano son os reponsables de introducir melloras coas aportacións do grupo).
Todas e todos estamos desexando rematar para incorporala á decoración do corredor da entrada!


1 comentario:

Luisa dijo...

Verdadeiramente sodes uns artistas!! Podemos estrear ese foguete cunha excursión espacial. Que vos parece?