15/3/13

Itinerario Verde Urbano: Ponte Mantible-Galeras (Galería)

"A hooligans game played by gentlemen"

Eiquí tedes o enlace da Federación de Rugby sobre a Grande Melé na que participou sexto o pasado mércores. Premede na imaxe para acceder: 


Por eiquí tedes tamén enlaces para saber xogar ao rugby e para coñecer ao clube deste xenial deporte que temos en Santiago.

14/3/13

Itinerario verde urbano




Hoxe, os chicos e chicas de terceiro ciclo de E.P., cos nosos profesores de prácticas, Manola e os nosos titores, realizamos un itinerario verde urbano. Acompañounos unha monitora do Concello, Irene. Empezamos  na Ponte Mantible e iamos chegar ata Galeras pero como o tempo non acompañou, ao chegar á zona do Auditorio, fomos de volta para o colexio. Aprendemos moito.... contarémosvolo dentro duns días!
Queremos darlle as grazas a Irene, porque nos gustou como nos foi explicando todo e pola paciencia que tivo con nós. Engadimos unhas imaxes para que vexades por onde andivemos.





11/3/13

NAVEGA.... CON RUMBO

O  xoves da semana pasada tivemos a oportunidade de participar, aquí no colexio, nunha actividade relacionada coas vantaxes e inconvenientes de navegar pola rede. Concluímos que aínda que as vantaxes son moitas, tamén ten os seus riscos. Temos que ser precavidos á hora de publicar calquera tipo de información porque despois xa se perdeu a súa privacidade. Aínda que a eliminemos nós, na rede, vai quedar para sempre.
A sesión de traballo levámola a cabo cun enxeñeiro informático da USC, chamado Miguel, que nos "gañou" xa nos primeiros minutos. Resultounos súper interesante e educativa. 
Grazas Miguel!















4/3/13

CONCURSO RADIOFÓNICO ECOVOZ 2013

Un grupo de alumnos de 6º, coordinados polo seu titor Alfonso Louzao, están participando con moito éxito no concurso escolar ECOVOZ, no que colexios de 6º de Primaria de distintos puntos de Galicia compiten en coñecementos sobre medio ambiente. A través destes espazos radiofónicos que emite Radiovoz (de Radio Obradoiro), SOGAMA pretende informar acerca dos aspectos máis importantes a ter en conta polo cidadanía para levar a cabo unha correcta xestión dos residuos urbanos.
O día 22 de febreiro Sergio, Carlos, Andrés, Edu e Marcos eliminaron ao Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo e demostraron ter moitos coñecementos e rapidez nas respostas para poder superar a uns grans rivais. 
Déixovos a gravación do programa para que o que poidades comprobar.

1/3/13

Nadal 2012-2013

Aínda que as grabacións non son moi boas, deixámosvos aquí os vídeos das actuacións do festival de nadal, por iso de se vos apetece rir un pouco... Da chirigota hai dous, o da mañá e o da tarde... Grazas a todos os que acompañástedes, en persoa e coas estupendas voces!