10/12/17

ACTIVIDADES CIENCIA 2017

Este ano as actividades que fixemos estiveron centradas en visualizar os problemas que as accións do ser humano provocan no entorno: os efectos dos verquidos do petróleo, a contaminación do aire, o uso excesivo de plásticos e as súas consecuencias, etc.
Tamén poideron comprobar de reducir o consumo, neste caso fabricando o seu propio pegamento libre de produtos químicos (só con auga e fariña!).

27/11/17

DESPEDIDA DE LORRAINE

Hoxe rematou o seu período de prácticas con nós Lorraine. Fixo unha despedida con sabor alemán: 
Vanillekipferl (galletas de vainilla) e Marmorkuchen (biscoito con chocolate), todo feito por ela mesma. Explicounos que son doces típicos de Alemania no tempo de Nadal (alí non comen turrón, mazapán e demais doces do noso Nadal). Todo estaba riquísimo e fixo un pouco máis alegre a despedida.
E aínda houbo un agasallo en forma de lapis ben chulo para cada un!
Desexamos que teña moita sorte e esperamos poder a tela novamente no noso cole.

17/11/17

A PATRULLA VERDE DE 6º B

Por fin empezamos! A Patrulla Verde é unha unidade de intervención para coidar o noso colexio. Cada semana encargarase destas tarefas un grupo-clase diferente: manter o colexio sen lixo tirado, revisar os materiais para reciclar, conservar os murais e traballos expostos, coidar as plantas, recoller xoguetes e tarefas relacionadas cos composteiros.
Os maiores son os encargados de abrir camiño e seguro que, co esforzo de todas as partes, conseguiremos mellorar o noso cole e aprender moito.

PRESENTACIÓNS ÁRBORES - REMATAMOS

Na publicación anterior quedaran estas fotos por publicar e como sei que vos gusta velas...

16/11/17

ÁRBORES DO PATIO - PRESENTACIÓNS

Freixo, loureiro, magnolia, sanguiño, acivro, liquidámbar, arce branco (falso plátano), maceira, nogueira, castiñeira, abeto, tuia, sabugueiro... Hai máis no noso patio pero nós chegamos a estudar un pouquiño estes.
Poderemos identificalos de novo cando chegue a primavera, con todos os cambios na natureza? E cando vaiamos pola rúa?
Probade a xogar cando vaiades de paseo... quen os recoñece? E, ante a dúbida, recomendamos Pl@ntNet, aplicación para móbil ou calquera das guías que podedes atopar nas bibliotecas do barrio e no propio cole.



15/11/17

DÍA DA CIENCIA 2017

A xornada de onte adicada á celebración do Día da Ciencia resultou marabillosa. Amador Pérez é mestre xubilado e experto en electrónica; recibiu o 2º premio do público na Maker Faire Galicia 2016. Constrúe xoguetes e artiluxios de todo tipo reciclando pezas de pequenos electrodomésticos. 
Ademais de explicarnos os fundamentos científicos para que os seus xoguetes poidan funcionar propón investigar as posibilidades que cada un de nós tén para elaborar as nosas propias pezas.

Rematamos a xornada con unha recreación do Universo coas súas estrelas e galaxias que foi impresionante. Tamén con pezas de elaboración propia usando materiais de refugallo.

Moi importante esta labor de concienciación sobre a posibilidade de reducir consumo e usar a nosa creatividade.
Moitas grazas Amador por compartir con nós o teu bo saber facer. 
(E para quen teña ganas de máis: poderedes velo este venres no Luar da TVG e na Maker Faire Galicia, 25 e 26 de novembro na Cidade da Cultura.



13/11/17

DESPEDIDA DE VERÓNICA RADICE

O venres foi o último día de prácticas de Verónica. Ela é italiana, de Nápoles, e quixo despedirse convidándonos a pizza margarita. Só leva tomate e mozzarella e está riquísima.
Tamén trouxo uns agasallos personalizados que nos encantaron. Moitas grazas Verónica e moita sorte!